Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Venres 10 Xullo 2020

ELECCIÓNS Á XUNTA REITORA 2019

Convócanse eleicións á Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Cristina de Cobres para o vindeiro domingo 20 de abril de 2018 a partir das 10:00 no local social da Casa dos Montes (Barciela nº 31). REGULAMENTO DAS ELECCIÓNS Á XUNTA REITA DA CMVMC DE SANTA CRISTINA DE COBRES 1. CONSTITUCIÓN DA MESA ELEITORAL 1.1 A mesa eleitoral queda constituída polos seguintes membros, tras o sorteo celebrado entre as persoas que se ofreceron voluntarias na derradeira asemblea xeral: PRESIDENTE: Enrique Couso Suárez SECRETARIO: Santos Sánchez Izquierdo VOGAL: Celestino Guille Cuntín. 1.2 A mesa constituirase ás 10:00 horas. Se non acudira algún dos membros nomeados poderá substituírse por outra comuneira ou comuneiro entre as asistentes á asemblea. 1.3 As persoas que constitúan a mesa eleitoral non poderán formar parte das candidaturas. 1.4 Unha vez rematado o período de votación os membros da mesa eleitoral asinarán as actas de constitución, censo e escrutinio dos resultados. 2. PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS 2.1 Poderán presentarse á eleición da nova Xunta Reitora aquelas comuneiras e comuneiros que figuren no censo actualizado despois da Asemblea Xeral Ordinaria celebrada en xaneiro de 2018 (todos aqueles que recibiron a presente convocatoria). 2.2 As candidaturas deberán estar formadas cando menos por tres persoas; PRESIDENTE/A, SECRETARIO/A e TESOUREIRO/A. Ademais poden formar parte del máis persoas como VOGAIS. 2.3 O prazo de presentación de candidaturas remata o venres 18 de maio ás 20:00 horas. 2.4 As candidaturas presentaranse mediante o modelo que se envía nesta comunicación ou poderá descargarse na web www.montesdecobres.gal 2.5 As candidaturas deberán entregar o formulario de presentación á secretaría da Xunta Reitora ou por correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.. 3. PROCESO DE VOTACIÓN 3.1 Unha vez constituída a mesa eleitoral, as distintas candidaturas disporán dun espazo de 20 minutos para expor á asemblea o seu programa eleitoral. 3.2 As diferentes candidaturas poderán nomear un interventor cada unha. 3.3 Rematado este tempo, procederase á votación. 3.4 As comuneiras e comuneiros identificaranse co DNI. 3.5 No local disporase de papeletas coas diferentes candidaturas. 3.6 Ás 13:00 horas pecharase o tempo de votación e procederase ao reconto dos votos emitidos. 3.7 Unha vez realizado o reconto o presidente da mesa dará conta dos resultados, proclamará á nova Xunta reitora e procederase á redacción das actas de escrutinio. 3.8 As incidencias que puidera haber resolveranse co voto da maioría dos votos das comuneiras e comuneiros asistentes. De non ser posible aplicarase o establecido nos Estatutos. FORMULARIO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA (Premer na imaxe para descargar)

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top