Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Venres 10 Xullo 2020

Parque Forestal de Cotorredondo

OBXETIVOS DO PROXECTO DE CREACION DO PARQUE FORESTAL

Co establecemento dun parque forestal nos terreos propostos do monte comunal, acadaranse unha serie de obxectivos que repercutirán positivamente no entorno, na saúde do ecosistema e na estimulación económica do municipio. Defínense a continuación:

Obxectivos encamiñados á prevención de incendios forestais:

Coas actuacións que se propoñen para realizar nas masas forestais acadaríamos a conservación e mellora das masas de frondosas autóctonas co fin de manter a biodiversidade e a saúde e sanidade destes   bosques.  Por  conseguinte,   a  mellora   do   estado   da   paisaxe,  mediante   traballos   de mantemento das masas de vexetación autóctona existentes, reducirá a carga de combustible, como medida de prevención e protección fronte ao lume.

A eliminación de especies invasoras e pirófitas coma o eucalipto e a acacia, verdadeiro problema a atallar neste espazo, de entre as formacións de bosquetes autóctonos favorecerá que no caso dun lume forestal este sexa de menor intensidade facilitando as labores de extinción.

As podas baixas e de formación que se realizarán nas frondosas favorecerán a sanidade e o desenrolo  dos  castiñeiros  e  carballos,  creando  copas  mais  resoltas  nos  seguintes  anos  que sombrearán o chan evitando a proliferación de matogueira e invasoras.

A actuación de roza con brazo de 2,5 metros   de ancho nas marxes das pistas é outra das medidas de prevención de incendios dacordo coa Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada por a Lei 7/2012 de montes de Galicia.

Obter un tratamento integral e continuo dos traballos:

É moi importante para acadar os obxectivos perseguidos coa planificación do territorio facer que estas zonas a tratar non sexan illadas nin individuais, senón polo contrario, que teñan carácter de continuidade  espacial  e  física.  É  un obxectivo  máis  a  perseguir  o  de  establecer  a  continuidade espacial e realizar un tratamento en todo o parque que afecte de forma integral, é dicir de forma que se vexan favorecidos os mesmos obxectivos en todo el .

A zona de actuación que se propón supón unha continuidade sobre o terreo, están fisicamente contiguas no espazo e perseguen uns obxectivos comúns.

Reunir esta cualidade de continuidade é esencial para a optimización do resto de obxectivos perseguidos, xa que a prevención fronte aos incendios será moito mais eficaz, a conservación da paisaxe,  diversificación  da  biodiversidade  e  a  comunicación  entre  especies  que  axuda  a  unha variabilidade xenética no ecosistema, vense favorecidos se cumprimos o obxectivo de manter as actuacións contiguas no espazo.

Coidado dos valores paisaxísticos, ambientais e forestais do ámbito

Grazas ao tratamento deste terreos como parque forestal e aos investimentos previstos facer segundo este proxecto, obteríase a conservación e mellora do patrimonio natural, paisaxístico e etnográfico do M.V.M.C de Sta. Cristina de Cobres, así como o fomento do uso social e recreativo do monte, mellorando a oferta de actividades didácticas e de lecer.

Diversificación dos usos e aproveitamentos do monte

- A posta en valor deste monte para uso e desfrute de visitantes e veciños mellorando as condicións do entorno para potenciar as visitas ao miradoiro e necrópole de Cotorredondo.

- Mellora do estado xeral da masa forestal e revalorización económica deste recurso mediante podas e rozas. Para obter no futuro madeiras de calidade tanto polos tratamentos silvícolas como pola eliminación de competencia nestas masas.

- Mellora do ecosistema coa plantación de especies autóctonas.

- Favorecer a proliferación de cogomelos, froitos do bosque e subprodutos como a mel.

- Dar un impulso á vida social, cultural e económica do lugar, dado que se agarda que haxa un aumento de afluencia de persoas nesta zona, tanto nas datas festivas da parroquia como nas fins de semana ou época estival.

 Redución de residuos e economía circular

 Acadar unha pequena e local economía circular. Xa que como consecuencia desta actuación obteríamos:

- Unha mellora dos resultados económicos e diminución do uso de recursos. Coas podas de formación e podas altas melloramos o valor da madeira no futuro e prodúcese unha mellora sanitaria da masa dende o momento no que se realizan. Deste xeito evitaremos problemas de propagación de enfermidades e de incendios que si houbera sí conlevarían un gasto e uso de recursos, así coma perdida de bens.

- Identificar e crear novas oportunidades de crecemento económico. Coa posta en valor deste espazo agárdase unha maior afluencia de persoas tanto a este parque coma ao cercano parque do Lago Castiñeiras, así que o núcleo de Sta Cristina de Cobres e parroquias veciñas veríanse favorecidas pola demanda dos visitantes da zona a lugares de restauración e servizos.

- Garantir a seguridade do subministro de recursos esenciais. O monte é un entorno que nos abastece de importantes recursos indispensables. A auga, a fixación de carbono, o osíxeno, o solo, a biodiversidade, a madeira como recurso e como fonte de enerxía, e os froitos do bosque son os recursos mais importantes que están asegurados se mantemos a calidade das masas forestais autóctonas. A súa conservación é indispensable para poder seguir desfrutando dos beneficios que nos aporta o monte.

- Loita contra o cambio climático e limitar os impactos medioambientais dos uso dos recursos. Favorecendo o mantemento de masas forestais autóctonas e a súa sanidade e conservación estaremos mellorando o futuro destes terreos, a súa resistencia fronte ós lumes e a preservación dos ecosistemas asociados a estas formacións.

XUSTIFICACIÓN DE INTERVIR.

Xustifícase a solicitude destas convocatoria de subvencións destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parque forestais, xa que se cumprirían os obxectivos definidos nestas axudas e así mesmo tamén se cumprirían a multifuncionalidade do monte (o uso social, o uso protector e o uso produtor) e os tratamentos previstos polo proxector reitor do monte.

Esta zona costeira do sur de Pontevedra está sufrindo nu serio problema de degradación do ecosistema debido aos continuos incendios forestais e á proliferación de especies invasoras. É por este motivo que require un especial coidado para o seu mantemento e conservación.

A proximidade do parque do Lago Castiñeiras, cunha grande afluencia de público polo seu valor paisaxístico,  recreativo  e  ecolóxico  é  unha influencia  significativa  que  fai  que  sexa  de  maior relevancia a creación deste parque forestal e posta en valor dos terreos de Cotorredondo para ofrecer ós visitantes un maior abano de servizos nesta contorna.

A existencia da necrópole formada por mámoas e un petróglifo enclavados nun entorno de alto valor paisaxístico converten a esta zona nun lugar moi visitado e de gran atractivo para os amantes dos valores naturais e culturais da nosa terra.

Tratarase de dinamizar a actividade turística do territorio mediante unha oferta de ocio respectuosa co medio e vinculada á conservación do patrimonio natural e cultural. Contribuirase á fixación da poboación a través da mellora do benestar social e medioambiental dos seus habitantes.

O MVMC de Sta. Cristina de Cobres ten en vigor un Proxecto de Ordenación aprobado con código de expediente PO-55, e autorizada a súa inscrición no Rexistro de Montes Ordenados (Resolución do 8 de xullo de 2016) .

Este  proxecto  recolle  os plans  previstos  para  este  monte  e  que  haberá  que  respectar  coa creación do parque e non interferir nas decisións do Plan Especial previstas para os próximos anos.

Con   respecto   á   planificación   do   Proxecto   de   Ordenación   os   usos   previstos   para   o establecemento do parque forestal son compatibles coas medidas establecidas no Plan Especial, e ha de prevalecer o carácter forestal dos aproveitamentos. Non se ha de interferir cos obxectivos marcados no Proxecto de Ordenación nin comprometer o futuro das masas.

No  caso  de  realizar  sacas  de  madeira  ou  actuacións  silvícolas  nas  parcelas  obxecto  de tratamento destas axudas ou nas próximas a estas, serían sinalizados estes traballos para garantir a seguridade dos visitantes e veciños e demais usuarios deste parque.

O Proxecto de Ordenación de Sta. Cristina de Cobres recolle entre os seus obxectivos xerais:

-Persistencia, conservación e mellora da capacidade produtiva do solo e do voo.

-Acada-lo máximo rendemento de utilidades á colleita en produtos, postos de traballo, aspectos recreativos, así como aos beneficios directos e indirectos.

-Constancia da renda.

-A procura do máximo de utilidades que se establecen como obxectivo xeral da ordenación e a existencia   do   uso   do   monte   como   parque   forestal,   fai   preciso   realizar   un   estudio   de compatibilidades.

 

USOS

Produción

madeira

Produción

micolóxica e froitos

Aproveitamento

leñas e/ou mato

Protecció

n

Uso social-

recreativo

Produción madeira

--

þ

þ

þ

þ

Produción micolóxica e froitos

þ

--

û

þ

þ

Aproveitamento leñas e mato

þ

û

--

þ

Protección

þ

þ

þ

--

þ

Uso social-recreativo

þ

þ

þ

--

Pódese dar o caso de uso compatible(þ) compatible con restricións (✓) (estaría restrinxido algúns dos usos para garantir a seguridade e viabilidade) e incompatible û.

Como norma xeral non se considera ningunha incompatibilidade de usos, salvo no momento de levar a cabo os aproveitamentos, no que o uso produtor de madeira será incompatible no tempo co uso social ou de outros aproveitamentos,e o aproveitamento de leñas ou mato sería incompatible na época de recollida de cogomelos.

Xustificamos esta intervención se temos en conta:

A Lei 7/2012 de montes de Galicia fai referencia no artigo 88 aos Servizos do monte:

1. A Administración forestal e os propietarios poderán fomentar a creación e mellora de montes periurbáns para fins sociais e educativos, e regularán o desfrute baixo o principio do respecto ao medio natural.

A Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada na Disposición final primeira da Lei 7/2012 de montes de Galicia, recolle: Artigo 21 bis. Redes terciarias de faixas de xestión de biomasa

Nos espazos previamente definidos como redes terciarias de faixas de xestión de biomasa nos plans  de  prevención  e  defensa  contra  os  incendios  forestais  do  distrito,  que  en  todo  caso  se actualizarán incluíndo as infraestruturas preventivas contempladas nos proxectos de ordenación ou xestión forestal no ámbito do correspondente distrito, será obrigatorio para as persoas responsables, nos termos establecidos no artigo 21 ter da presente lei:

a)  Xestionar  a  biomasa  vexetal  na  totalidade  da  superficie  das  infraestruturas  de  uso público ou áreas recreativas, así como nunha franxa perimetral de 50 m.

Os usos que posúe o monte polo seu carácter multifuncional xustifican así mesmo a necesidade de intervir;

Uso social:

•          Por pertencer á área de influencia dos núcleos urbanos de Vigo e Pontevedra.

•          Polo valor paisaxístico e etnográfico.

•          Pola proximidade ao parque do Lago Castiñeiras

O estado de abandono provoca unha carga de visitantes baixa na zona, cunhas posibilidades para uso social e recreativo como as deste monte é unha mágoa que na actualidade non se atopen cubertas.

Uso protector

Debido ás características topográficas e edafolóxicas do lugar, dominada polas fortes pendentes, e por tratarse de un espazo forestal as medidas empregadas para mellorar o aspecto recreativo e de lecer non poden por en perigo a natureza do lugar debendo priorizarse a súa protección.

Favorecer o estado das masas é garantía do mantemento do suelo, da infiltración da auga de chuvia e da fixación do carbono. Pretender unha mellora no habitat favorece a estabilidade do ecosistema e da supervivencia de moitos seres vivos.

Protexese o solo da erosión, axudase á retención e infiltración de augas para os manaciais e retén carbono da atmosfera, tanto nas masas forestais como no propio solo.

Uso produtor

Existe un uso produtor de estes terreos que se manifesta na obtención de madeira, de leñas, e a cada  vez  máis  valorada  produción  de cogomelos.  Tradicionalmente  por  parte  dalgúns  veciños realízase colleita de mel neste e noutros montes cercanos .

 

 ACTUACIONS.

Nomearemos os rodais coa nomenclatura empregada no proxecto de ordenación en vigor do monte de Sta Cristina de Cobres.

O cadro resumo das actuación que presentamos a continuación está ordenado polos rodais de actuación e as actuacións que se levan a cabo para cada rodal.

Rodal

Superficie (ha)

Actuación

1801

4,80

Roza man e mec e poda baixa

0003

2,97

Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac

0004

1,50

Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac

0202

6,99

Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac

0201

1,16

Roza mecanizada

0014

0,27

Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac

0007

1,13

Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac

0016

0,17

Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac

0015

1,23

Roza, rareo e poda

0012

0,58

Roza man e mec e plantacion

0013

0,32

Roza mecanizada

0006

0,37

Roza man e mec. Eliminar ac

0010

0,87

Roza man e mec. Eliminar ac

1506

0,51

Roza mec. Eliminar ac

1501

0,33

Roza man e mec e poda baixa e tallas formaci¾n

0009

0,69

Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac

0011

3,00

Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac

0002

0,60

Roza man e mec e poda baixa

1508

1,27

Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac

1601

8,94

Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac

1507

7,62

Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac

0001

1,73

Roza mecanizada

1503

0,91

Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac

0005

0,51

Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac

1502

0,11

Roza man

1701

0,73

Roza mec. Eliminar ac

 

 

Restauración dun cartel

 

ELIMINACIÓN DE ACACIA NEGRA

Boa parte da superficie do parque, 9,26 has, está invadida por  Acacia melanoxylon que ocupa as plantacións de frondosa existentes e fan perigar a estrutura da masa.

Correspóndese coas rodais 1801,   0015, 0012, 0013, 0010, 1506, 1501, 1508, 1601, 1507, 1503, 0005 e 1701.

Planifícase reducir a ocupación de ditas especies, priorizando a actuación sobre os rexenerados que se estenden polas superficies rasas. Realizarase a corta con motoserra, naquelas zonas onde non sexa posible mecanizar os traballos de roza, polo tamaño dos pés ou polas condicións de pendente.

Dado a elevada capacidade de rebrote das especies invasoras, tanto de cepa como por semente, será preciso a aplicación de tratamentos fitocidas e rozas sucesivas ata a súa eliminación.

A aplicación dos tratamentos fitocidas sistémicos para a eliminación de invasoras deberase realizar inmediatamente despois da corta, sobre a zona de corte, para aumentar a súa efectividade.

ELIMINACION DE EUCALIPTO

Outra especie invasora moi propagada neste parque é o eucalipto que ocupa unha superficie de 1 ha mesturada con outras árbores, polo que se planifica a eliminación para promover o desenrolo das frondosas. Nos rodais 0003, 0004 e 0202.

Os pés existentes non teñen aproveitamento comercial, polo que unha vez apeados deixaranse  en cargadeiro, para que os comuneiros podan adquirilos para uso de leñas.

Trala corta do eucalipto, aplicarase o tratamento fitocida cando o rebrote acade os 50 cm de altura, repetindo o tratamento aos 15 días naquelas cepas nas que o primeiro non fora efectivo.

PLANTACION DE VEXETACIÓN AUTÓCTONA

60 ud, das cales 30 son érbedos e 30 son sobreiras, no rodal 0010 e 0011 sobre burato de  50x50x50cm feito con retroescavadora.

O fin destas plantacións é o de aumentar a diversidade, mellorar a calidade paisaxística e protexer os solos. Favorecerase ademais con esta actuación a creación de hábitats axeitados para refuxio e alimento da fauna.

A plantación farase rozando previamente a superficie, respectaranse a vexetación procedente de rexeneración natural que se considere de interese (sanguiños, espiños, etc...).

A roza é necesaria para reducir a competencia da vexetación preexistente sobre a planta e para dispoñer dun espazo axeitado onde posteriormente efectuar a preparación do terreo e plantación.

Co aburatado temperán, un mes antes da plantación, prepararemos o terreo e melloraranse as condicións edáficas, podendo sinalar entre outras:

•     Aumento da profundidade útil do perfil

•     Aumento da capacidade de retención de auga.

•     Aumento da velocidade de infiltración de auga no perfil.

•     Mellora da capacidade de penetración mecánica das raíces.

•     Osixenación do solo sobre o que implanta a nova árbore.

Por último realízase a implantación vexetal de xeito manual sobre aburatamento mecanizado, con planta de menos de 1 m de altura.

A plantación sobre burato previamente aberto é a máis axeitada, ao permitir unha boa distribución dos sistemas radicais. Realízase con eixada, suxeitando a planta no buraco cunha man mentres que coa outra se vai enchendo con terra, que irá desprovista de pedras, e que deberá tapar algo por encima do colo da raíz da planta, para evitar que o posterior asentamento do terreo deixe esta parte tan sensible da planta exposta a axentes atmosféricos. Debe coidarse que a planta quede vertical e a continuación procederase, mediante lixeiros pisadas a redor da mesma, a comprimir a terra  para  garantir  o  íntimo  contacto  desta  coa  raíz  e  evitar  que  queden  bolsas  de  aire  que provocarían o secado da planta. É importante non tapar o colo da raíz, sobre todo en solos máis pesados, debendo quedar esta a ras de chan, xa que do contrario produciríanse retrasos no crecemento ou o secado desta por podredume do colo radical.

Para plantar, débense evitar os días de moito vento, por provocar rápidas desecacións non sistema radical, e os de fortes xeadas, xa que os solos apelmazados impiden un íntimo contacto da terra coa raíz, non conseguíndose deste xeito o arraigo da planta. Os días máis axeitados son os anubrado, con néboas ou choiva lixeira, sen chegar a provocar encharcamento no solo.

As   plantacións   non   serán   levadas   a   cabo   na   área   de   afectación   dos   restos arqueolóxicos.

ROZAS

A eliminación do mato efectúase por diversos motivos:

•     Mellorar o acceso á masa e o uso recreativo da mesma.

•     Facilitar a realización dos traballos de rareo e poda posteriores.

•     Diminución de competencia.

•     Redución do risco de incendios.

Segundo as condicións de pendente e pedregosidade que se dean en cada parcela a roza ha de realizarse de forma manual ou mecanizada.

 

Roza mecanizada (25,24 has): Consiste na eliminación da parte aérea do mato mediante unha rozadoira de cadeas acoplada a un tractor con potencia mínima de 100 CV de potencia. Os restos producidos ficarán esparexidos pola superficies dos rodais, favorecendo a mellora  das condicións do solo.  Este  tipo  de  roza  estará  limitada  pola  pendente,  a  existencia  de  pedregosidade  ou  bens culturais e as características da masa forestal (densidade, distribución dos pés).

Realizarse sobre os rodais 1801, 0003, 0004, 0202, 0201, 0014, 0007, 0016, 0015, 0012, 0013, 0006, 0010, 1506, 1501, 0011, 0002, 1508, 1601, 1507, 0001, 1503, 0005, 1701. Co apeiro de brazo no trator pasarase a ambos lados das pistas ata un ancho de 2,5 metros.

Roza manual (0,69 has):  Será empregada cando as condicións do terreo impidan a mecanización dos traballos. Farase principalmente arredor dos pés que poboan os rodais de actuación e naquelas zonas que se atopen dentro da área de protección e cautela dos xacementos arqueolóxicos.

Consiste en eliminar da parte aérea do mato mediante o emprego de rozadoiras manuais, e motoserras no caso de vexetación de elevado diámetro de tallo.

Nos rodais 0009 e 1502.

RAREO EN MASAS DE FRONDOSAS CADUCIFOLIAS

Consiste nunha corta de mellora sobre a masa co fin de seleccionar os mellores pés. Neste caso óptase por un rareo selectivo manual. En 0,69 has do rodal 0009.

Nestes  rareos  debe  coidarase  a  intensidade  da  intervención,  de  modo  que  esta  non  sexa excesiva, é dicir con extraccións dun elevado número de pés dunha soa vez, e que os pés que queden non sexan moi esveltos, xa que serían bastante sensibles a roturas por vento ou neve. A intervención non debe supoñer unha redución da densidade maior ao 30%.

O tocón dos pes eliminados non deberá sobresaír máis de 10 cm do chan. Os pes a extraer, sacaranse segundo o seguinte criterio:

1º pes enfermos, mortos ou moribundos

2º pes dominados, mal conformados

3º pes de menor a maior diámetro

TALLA DE FORMACIÓN E PODA DE FRONDOSAS CADUCIFOLIAS

En 1,73 has do rodal 0001 de superficie acometerase a operación de talla de formación e poda ata 1/3 da altura da árbore que ten como finalidade a formación dun fuste continuo, dereito e vertical, no cal se manifeste nitidamente a dominancia apical. Está localizada na copa da árbore, debendo recortar e suprimir forquillas, dobres ou triples guías e tamén eliminar polas que  comezan  a  engrosar  moito  ou  son moi  verticais  e  poden  chegar  a  competir  coa  guía terminal.

PODAS

Poda alta sobre 3.01 has

Nos rodais 0012, 0013, 0009, 1503 e 0005.

O obxectivo principal da poda é conseguir a maior cantidade posible de madeira libre de nós.  As  podas  tamén  constitúen  unha  eficaz  labor  de  protección  da  masa,  servindo  de prevención contra a propagación dos incendios forestais, xa que rompen a continuidade entre as polas das árbores e o mato.

•      Os obxectivos que se pretenden cumprir resúmense a continuación:

•      Mellorar o porte da árbore e obter un fuste limpo e libre de nos.

•      Protección da masa, diminuíndo o perigo de propagación dos incendios.

•     Mellora  do  estado  fitosanitario  da  masa.  As  podas  producen  un  favorable  efecto  de aireación   basal   das   árbores,   o   que   limita   o   desenrolo   de   fungos   que   provocan enfermidades.

A poda terá unha altura mínima de 2 m e máxima de 6 m, en ningún caso sobrepasando a altura da metade da árbore.

É importante realizar o corte correcto, que será limpo e próximo ao tronco, sen deixar muñóns. Respectarase o rodete basal de inserción para non facer unha sección de corte excesivamente grande e para facilitar a cicatrización.

A mellor época soe ser antes do comezo da actividade vexetativa, a principios da primavera, xa que a cicatrización é máis rápido.

Tódolos restos dos coidados culturais no voo, con diámetro en punta grosa superior a 6 cm, serán triturados in situ, picados a menos de 50 cm de lonxitude e distribuídos de forma homoxénea, mediante rozadoira de cadeas acoplada a tractor forestal.

Poda baixa sobre 14,41 has

A poda de ata 2 metro cando a altura da árbore sexa de 5-7metros e o diámetro normal medio de 10cm, en ningún caso sobrepasando a altura da metade da árbore. Serán obxecto de poda tódolos pés incluídos nos rodais 0003, 0004, 0202, 0014, 0007, 0016, 0015, 0010, 1506, 1501 e 0001.

A época de realización da poda non ten moita importancia cando se trata de polas mortas. Se pola contra estas son vivas a labor levarase a cabo durante os meses de agosto a febreiro. Non se debe podar máis aló do mes de febreiro para asegurar a cicatrización das feridas antes da época de posta dos insectos xilófagos ou outros que lle poidan causar danos ás árbores.

Documentos:

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top