Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Venres 10 Xullo 2020

O Monte dos veciñ@s

 O Monte Veciñal en Man Común de Santa Cristina de Cobres posúe Proxecto de Ordenación dende Xullo de 2003 (Visado Nº 841/2003 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia), firmado pola Enxeñeira Técnica Forestal María Moo García (colexia da nº487), actualizado polo técnico forstal Amancio Serrapio Soarez en 2015 e inscrito co número 360149 no Rexistro de Montes Ordenados da Xunta de Galicia.

0. DATOS DO INSTRUMENTO DE XESTIÓN FORESTAL

0.1. INSTRUMENTO DE XESTIÓN FORESTAL

Categoría:

PROXECTO DE ORDENACIÓN FORESTAL

Ref:

 

Título:

PROXECTO DE ORDENACIÓN DO MVMC DE STA CRISTINA DE COBRES

0.2. DATOS DO PROPIETARIO/TITULAR OU XESTOR

Denominación

social:

 

Comunidad de montes en mano común de Santa Cristina de Cobres

C.I.F:

V36060226

Enderezo:

Lg Santa Cristina s/n

CP:

36141

Localidade:

VILABOA

 

Teléfono/Fax

986 672

747

 

e-mail:

 

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

Móbil

693649504

Web:

www.montesdecobres.gal

0.3. DATOS DA PERSOA REDACTORA DO INSTRUMENTO

Nome e apelidos:

AMANCIO SERRAPIO SOÁREZ

Nº Colexiado:

568

Colexio:

Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia

Nome e apelidos:

MARÍA MACEIRA GESTEIRA

Nº Colexiado:

6135

Colexio:

Colegio de Ingenieros de Montes de Madrid

Enderezo:

Silvareira Servicios Forestais, A Gándara 55

C.P:

36860

Localidade:

Ponteareas

Teléfono

986665114-646545495

e-mail:

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

             

Táboa 1: Datos do instrumento de Xestión Forestal

O monte atópase situado na parroquia de Santa Cristina de Cobres, concello de Vilaboa, comarca de Pontevedra e provincia homónima.

A comarca de Pontevedra ocupa o centro da rexión das Rías Baixas e aglutina as terras do entorno da capital provincial excepto Marín. Con centro na cidade de Pontevedra, a comarca ocupa todo o anfiteatro do val baixo do río Lérez e as abruptas serras circundantes, que a unen coa provincia de Ourense no concello de A Lama.

Limita ao Norte coas comarcas de Caldas e Tabeirós – Terra de Montes, ao leste coas de Carballiño e O Ribeiro, ao sur coa comarca de Vigo e o mar e ao oeste coas de O Morrazo, Salnés e de novo o mar. Esta comarca está formada polos Concello de Barro, Campo Lameiro, Poio, Pontevedra, Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas e Vilaboa.

O concello pontevedrés de Vilaboa localizado no suroeste da provincia, no punto medio da liña recta entre as cidades de Pontevedra e Vigo, está formado polas parroquias de Santa Columba de Bértola, San Andrés de Figueirido, San Martín de Vilaboa, Santa Cristina de Cobres e San Adrián de Cobres. O núcleo máis poboado é Larache, na parroquia de Santa Cristina e a súa capital municipal corresponde ao lugar de O Toural, na mesma parroquia. Os lindeiros do concello de Vilaboa son:

 

  •      Norte: Concello de Pontevedra
  •      Sur: Ría de Vigo
  •      Leste: Concello de Pontevedra
  •      Oeste: Concellos de Marín e Moaña

A parroquia de Santa Cristina de Cobres conta con catro barrios: Areeiros, O Muíño, Barciela e Magarella. Os seus límites son:

  •      Norte: San Martiño de Vilaboa
  •      Sur: San Adrián de Cobres
  •      Leste: Ría de Vigo
  •      Oeste: San Tomé de Piñeiro e San Xián de Marín (Marín)

Pertenza

A propiedade xurídica do monte obxecto de estudio perténcelle ós veciños comuneiros da parroquia de Santa Cristina de Cobres, por Resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, do 11 de decembro de 1981.

Conforme esixe a Lei 13/1989, de 10 de outubro, de Montes Veciñais en Man Común e o seu Regulamento de aplicación, Decreto 260/1992 de 4 de setembro, a xestión do monte lévase a cabo en base aos seus Estatutos (recollidos no Anexo I) e dirixida mediante Xunta Reitora que se renova democraticamente e de forma periódica. A Xunta Reitora está composta por presidente, secretario, tesoureiro e un vogal por cada un dos lugares da parroquia, agás que en Asemblea Xeral se acorde variar tal proporción, en máis ou menos segundo a importancia da configuración do lugar respecto do resto da parroquia ou entidade propietaria do monte.

Límites

Os límites administrativos, para o conxunto do monte veciñal, segundo se definen na acta de Clasificación do Monte Veciñal son:

Norte: Termo e montes de Vilaboa

Leste: Ría de Vigo

Sur: Termo de San Adrián de Cobres

Oeste: Termo municipal de Marín

 

Descrición do perímetro segundo a Carpeta Ficha

Na carpeta ficha descríbense os únicos límites destacables das parcelas que forman os montes de Santa Cristina de Cobres, estes son:

Parcela “Da Castiñeira”. Dividida polo oeste co termo municipal de Marín, dende o Río de Sobreira subindo pola molloneira cara o nordés polo Alto de Castiñeira ata Chan de Castiñeira, onde xa entran os montes da parroquia de Vilaboa, coa que segue unha divisoria de augas baixando cara o sueste, subindo a Valada e baixando a Pedra do Trigo.

Parcela “Cabalo”. Baixa polo leste á Ría de Vigo.

Polo resto dos ventos seguen a poligonal do peche das fincas particulares.

No Anexo II recóllese copia da acta de clasificación e carpeta ficha do monte veciñal.

Revisión dos límites do monte veciñal

No punto 3.5 “Observación sobre límite con fincas particulares” da carpeta ficha, aclárase que o límite destes montes da parroquia de Santa Cristina de Cobres con fincas particulares non poden ser moi precisos, tendo en conta que algunhas destas fincas ocupan antigos terreos do monte comunal. Recóllese ademais que, no caso de que estes montes sexan clasificados como veciñais en man común, tal vez resulte necesario un deslinde parcial en tal colindancia con particulares.

Dado a complexidade do límite do monte, constituído por varias parcelas e con numerosos enclavados, para a redacción do presente documento levouse a cabo un importante esforzo para a definición do mesmo. Realizouse levantamento topográfico con GPS de precisión centimétrica de varios enclavados, así como de boa parte do límite coas propiedades particulares,  tomando  como  referencia  muros  e  marcos  existentes .  O  traballo  de  campo completouse coa documentación histórica dispoñible e coa incorporación das permutas e resolucións xudiciais que afectaron á delimitación da superficie comunal nos últimos anos.

O límite resultante do traballo descrito estivo en exposición pública nas oficinas da Casa dos Montes, previo anuncio, durante o período dunha semana, na que os veciños puideron presentar as alegacións ou desconformidades atopadas no mesmo. As parcelas reclamadas por propietarios particulares no citado período foron excluídas da ordenación, por consideralas superficies en conflito.

Para poder definir con maior exactitude os límites do monte veciñal hai que tratar as catro parcelas principais que o compoñen por separado:

Parcela “Monte de Castiñeiras”:

Norte: Termo e montes da parroquia de Vilaboa Sur: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres Leste: Termos e montes da parroquia de Vilaboa Oeste: Termo municipal de Marín.

Parcela de “Monte Cabalo”:

Norte: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

Sur: Ría de Vigo

Leste: Ría de Vigo

Oeste: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

Parcela “Cabreira”:

Norte: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

Sur: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

Leste: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres e autopista AP-9

Oeste: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

Parcela “Monte dos Areeiros”:

Norte: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres Sur: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres Leste: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres Oeste: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

Superficies

A superficie clasificada polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais é de 294 ha.

O traballo de levantamento topográfico e estudio de límites descrito no apartado anterior deu lugar a unha superficie comunal de 299,52 ha. Como ben é sabido, os croquis das carpetas ficha son imprecisos, realizados sobre cartografía a escala de pouco detalle, o que xustifica as variacións existentes entre a superficie de cabida real do monte e a clasificada.

 

 

 

Cabida segundo clasificación (ha)

 

Cabida segundo estudo de límites (ha)

 

 

Variación superficie

 

 

% aumento superficie

294

299,52

5,52

1,88

Superficies do monte veciñal

 Grado de consolidación da propiedade.

A Comunidade Veciñal en Man Común Santa Cristina de Cobres, está en posesión dos montes da citada parroquia dende tempo inmemorial, pública, pacífica e ininterrompidamente, en concepto de donos, en réxime de comunidade xermánica ou en man común.

A orixe do monte veciñal son os montes abertos procedentes dos antigos foros do “término redondo” da parroquia. A súa delimitación actual correspóndese cos terreos que permaneceron indivisos e suxeitos a aproveitamentos veciñais mancomunados entre os veciños da parroquia de Santa Cristina de Cobres para pastoreo de gando e rozas de mato, sen limitación no número de cabezas de gando, nin fixación de cotas específicas para cada veciño.

O monte veciñal de Santa Cristina de Cobres foi exceptuado da Desamortización. Posteriormente foi inscrito no Catálogo de Montes de Utilidade Pública (M.U.P.) sendo xestionados tutelar mente polo concello de Vilaboa, aínda que a súa pertenza era asignada aos veciños da parroquia, tratando de suplir a falta de personalidade xurídica da comunidade veciñal propietaria.

Considerando os datos do Catálogo de M.U.P., os montes da parroquia de Santa Cristina están afectados polo M.U.P nº 293-3º, parcelas 1ª, “Aros”, “Chan de Castiñeira” e “Coto Redondo”; 2ª “Cabalos” e 3ª “Cabreira”.

Coa Lei de Montes Veciñais de 1968, a instauración da democracia e o estado das autonomías e a redacción de lexislación estatal (Lei de 1968 primeiro, Lei de 1980 despois) sobre montes veciñais en man común, consolidouse o proceso de devolución dos montes aos seus titulares lexítimos dende o punto de vista histórico. A devolución dos montes “Castiñeira, Cabalo e Cabreira” fíxose efectiva o 11 de decembro de 1981, como xa se indicou anteriormente.

A mencionada Lei de montes veciñais en man común (Lei 13/89 do 10 de outubro) e o Regulamento que a desenvolve, asígnalles ao montes veciñais o carácter de imprescritibles, inalienables, indivisibles e inembargables e confire plena autonomía ás comunidades veciñais para a xestión dos seus montes. Unicamente se considera a xestión preventiva do monte pola Administración Forestal autonómica en dous casos: por desaparición da comunidade de veciños ou por “grave deterioro ecolóxico ou explotación que non se produza de acordo aos recursos existentes ou cando se faga unha extracción abusiva destes

En ausencia de deslinde e amolloamento do monte, competencia da administración forestal, a descrición dos límites do monte e o plano adxunto que figuran na clasificación do monte como Veciñal en Man Común polo Xurado Provincial, constitúen os documentos de maior validez no referente ao establecemento da propiedade comunal do monte. Agora ben, a descrición literal do perímetro da carpeta ficha non é o suficientemente precisa, ao igual que a planimetría que a acompaña, a unha escala inadecuada para reflexar con exactitude os límites do monte.

Dita falta de definición, da lugar a continuos conflitos de propiedade coas comunidades de montes e propietarios particulares limítrofes, polo que a comunidade de montes de Santa Cristina considera prioritario a correcta definición da superficie comunal como punto de partida da ordenación do monte.

O traballo de campo existente e a consulta de cartografía histórica permitiu a definición do límite do monte veciñal que, tralo período de exposición pública, foi modificado excluíndo as parcelas reclamadas polos propietarios particulares.

Actualmente tan só existe unha superficie en conflito coa comunidade de montes de San Adrián de Cobres (referencia sixpac polígono 56, parcela 1). As xuntas reitoras de ambas comunidades están abertas a chegar a un acordo que pasaría por repartir a superficie de dita parcela en dúas partes iguais. Dito acordo aínda non está formalizado nin aprobado, polo que a parcela en conflito foi excluída da presente ordenación.

1.1.9. Información de rexistro e catastral

O monte veciñal de Santa Cristina de Cobres obra no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común coa clave PO – 58 – 3 – 1, non figurando inscrito no Rexistro da Propiedade.

Segundo certificado catastral emitido a data 17 de xuño de 2013, a comunidade de montes veciñal en man común de Santa Cristina é titular das seguintes parcelas catastrais:

 

PROVINCIA

 

CONCELLO

 

POLÍGONO

 

PARCELA

 

SUP. (m²)

36

58

42

70

3.385,00

36

58

42

142

24.290,00

36

58

42

143

744,00

36

58

42

144

17.408,00

36

58

42

145

213.560,00

36

58

42

146

259.962,00

36

58

43

8

429.523,00

36

58

43

18

1.581,00

36

58

52

286

21.571,00

36

58

53

150

1.732,00

36

58

53

202

321,00

36

58

53

221

308,00

36

58

53

223

520,00

36

58

53

979

731

36

58

53

1211

242.775

36

58

54

6

461

36

58

54

98

79

36

58

54

172

3.680

36

58

54

419

167

36

58

54

600

20.183

36

58

54

887

490

36

58

55

30

27.804

36

58

55

75

3.032

36

58

55

352

19.319

36

58

55

368

7.895

36

58

55

375

9.294

36

58

55

387

16.867

36

58

55

435

16.601

36

58

56

283

3.944

36

58

56

296

3.417

36

58

56

308

3.046

36

58

56

482

17.126

36

58

56

505

329

36

58

56

528

105.633

36

58

56

529

143.261

36

58

56

530

614.568

36

58

56

531

95.834

36

58

56

532

38.035

36

58

56

533

6.331

36

58

56

536

86.104

36

58

60

53

856

36

58

60

77

3.592

36

58

60

100

2.087

36

58

60

120

325

36

58

60

264

8.131

36

58

60

307

819

36

58

60

327

249

36

58

60

340

529

36

58

60

341

2.323

36

58

60

361

35.604

36

58

60

369

6.353

36

58

60

455

58

36

58

60

456

90.494

36

58

60

458

13.160

36

58

60

459

16.469

36

58

61

2

193

36

58

63

295

4.287

36

58

63

353

1.081

36

58

64

344

52

36

58

76

1072

746

36

58

76

1131

3.795

36

58

76

1162

2.559

 

 

 

 

2.655.673

 Parcelas catastrais titularidade da comunidade de montes de Santa Cristina (Fonte: Dirección Xeneral do Catastro a data 17 de xuño de 2013)

Segundo información da Dirección Xeral do Catastro a comunidade de montes de Santa  Cristina consta como propietaria de 62 parcelas que suman un total de 265,56 ha.

 DESCRICIÓN DO MEDIO

 Breve descrición da situación xeográfica

O monte obxecto de presente proxecto está situado na parroquia de Santa Cristina de Cobres, concello de Vilaboa, comarca de Pontevedra e provincia homónima. Linda no seu extremo oeste co termo municipal de Marín. O concello pontevedrés de Vilaboa encádrase dentro da área de influencia das dous grandes cidades da provincia, Vigo e Pontevedra. A distancia dende a cidade de Vigo é de 16,4 quilómetros e máis preto atópase a capital da provincia a tan só 12,3 quilómetros.

Pola   súa   proximidade   á   costa,   Vilaboa   inclúese   na   franxa   costeira   Atlántica , pertencendo ás Rías Baixas. A citada franxa costeira é a mais dinámica dos eidos demográfico, social e económico de Galicia. Forma parte da comarca de Pontevedra.

As coordenadas centrais das principais parcelas do monte veciñal recóllense na seguinte táboa.

 

PARCELA

COORDENADAS (ETRS 1989)

COORD. X

COORD.Y

CASTIÑEIRAS

527.247

4.688.626

AREEIROS

528.554

4.687.680

CABREIRA

528.811

4.686.947

CABALO

529.612

4.686.275

Coordenadas centrais das principais parcelas do monte veciñal

A situación xeográfica tamén pode definirse pola cartografía base na que se atopa localizado o monte veciñal de Santa Cristina de Cobres.

 Follas do Levantamento fotogramético da Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda nº: 185-75, 185-84, 185-85, 185-86, 223-15, 223-16 a escala

1: 5.000 (realizado a partir dos voos de 1.994 e 1999).

Follas 185-III e 185-IV (Pontevedra), 223-II (Vigo) do Mapa Topográfico Nacional a escala 1:25.000 do I.G.N

Nos planos de situación e localización pode verse a ubicación do monte veciñal.

Posición orográfica e configuración do terreo

O monte veciñal de Santa Cristina de Cobres atópase entre as parroquias de Vilaboa, Santa Cristina de Cobres e San Adrián de Cobres e linda no seu extremo oeste co termo municipal de Marín.

O monte veciñal está emprazado no macizo do Morrazo. Na caracterización fisiográfica do monte cabe destacar a presencia do Coto Redondo, que cos seus 549,5  m.s.n.m. constitúe o punto máis alto do monte, e do Río Maior. Dende o Coto Redondo as cotas van descendendo en altitude cara o sur, formando valgadas en sentido NO-SE de pendentes pronunciadas que alcanzan o seu punto máis baixo no Río Maior, o monte ten polo tanto dúas vertentes ben diferenciadas, unha ao leste e outra ao oeste do Río Maior.

As altitudes extremas do monte oscilan entre:

 Máxima: 549,5 m.s.n.m.

 Mínima: nivel do mar.

As pendentes son en xeral medias-suaves, predominando o rango de entre 0-30% na maior parte da superficie.

Clima

No  monte  veciñal de  Santa  Cristina  imperan as  condicións  climáticas  propias dun réxime marítimo cálido que se caracteriza principalmente por ter abundantes precipitacións

durante todo ano e por ter temperaturas medias suaves con veráns cálidos e invernos frescos.

Duración media del período cálido

0-1 mes

Duración media del período frío

2-3 meses

Duración media período mas seco

1-2 meses

Pluviometría media anual

11200-1600 ml

Rexímenes  de humidade

Mediterráneo húmido

Temperatura máxima

24-28 ºC

Temperatura media anual

12-14 ºC

Temperatura mínima

4-6 ºC

Datos climatolóxicos. Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

Xeoloxía

Xeolóxicamente, o monte de Santa Cristina participa de tres grupos litolóxicos diferenciados, na táboa en páxinas seguinte poden verse as súas características.

A parcela “Castiñeira” está ocupada maioritariamente por granitos alcalinos de dúas micas, aínda que está atravesada por un afloramento de Complexo Cabo D’Home – A Lanzada en dirección norte-noroeste – sur-sureste. Tamén presenta algunhas zonas no seu vento oeste ocupadas por rochas metamórficas.

As  parcelas  “Areeiros” e “Cabreira” están ocupadas na súa totalidade por granitos alcalinos de dúas micas.

A parcela “Cabalo” está ocupada case completamente por granitos alcalinos de dúas micas, tan só ten dous pequenos afloramentos de Complexo Cabo D’Home – A Lanzada na zona noroeste.

As rochas ígneas, tanto pola súa extensión no monte, como pola súa tradicional utilización como áridos e materias de construción, forman o grupo litolóxico con maior interese dende o punto de vista económico.

Os solos sobre os materiais xeolóxicos de partida presentes no monte caracterízanse por unha granulación areenta; son soltos, pouco estruturados e moi permeables, polo que o fenómeno de encharcamento será escaso. Diferéncianse de forma substancial os solos desenvoltos sobre granitos e gneises dos chans formados sobre material esquistoso que son máis pobres e dan lugar a solos de menor profundidade e dificultade para o arraiga mento e desenvolvemento da vexetación.

En pendentes que se poden clasificar de medias a fortes atópanse solos novos caracterizados por un perfil de tipo AC, formados sobre rochas compactas e ácidas , granitos e esquistos, predominantemente e sometidos á acción erosiva, o que impide un maior desenvolvemento. Son solos de cor parda con forte desintegración química, ricos en materia orgánica ben humificada, predominantemente mull ou moder mulliforme (Ránker gris distrófico).

Por outra banda en zonas de pendentes suaves e fondos de ladeiras chega a aparecer un  horizonte  (B)  empardecido, tipo  da  terra  parda  oligotrófica.  Este  horizonte  aumenta progresivamente de espesor a medida que diminúe a pendente na aba, convertendo gradualmente o chan en terra parda (Ránker pardo). Nas zonas altas, sobre todo, aparecen terras pardas podsolizadas, características das montañas do interior da provincia. Posúen formacións espesas de materia orgánica, humus moder groso con relación C/N elevada (> 20), son areosos e sen estrutura. Nas zonas baixas predominan as terras pardas oligotróficas; son solos pobres en sustancias nutritivas, de cor parda, ocre ou ocre clara, rico en materia orgánica humus moder, con relación C/N maior de 14, areosos ou areos o – limosos, fortemente ácido e con graos de saturación moi baixos.

Podemos concluír, que o solo ten as seguintes características:

  • Textura franco-areosa
  • Capacidade de drenaxe alta
  • Boa estructura
  • pH acedo
  • Abundante materia orgánica
  • Boa relación C/N
  • Fertilidade media - baixa

Polo tanto, a distribución de especies forestais estará limitada fundamentalmente pola profundidade do solo en determinadas zonas e, recoméndase o emprego de especies de marcado carácter acidófilo.

Existencia  de  elementos  incluídos  no  Inventario  xeral  do  patrimonio cultural de Galicia. Afectación do Camiño de Santiago

A Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia é o referente normativo para acadar a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, así como a súa investigación e transmisión a xeracións futuras. Con este obxectivo creáronse tres categorías de bens definidoras da incidencia que cada un deles tivo no patrimonio de Galicia, e que en conxunto configuran o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia:

Bens declarados de interese cultural (BIC); representan o máis destacable dos bens mobles, inmobles e inmateriais, e á súa vez, poden pertencer a algunha das seguintes categorías: Monumento, Conxunto histórico, Xardín histórico, Sitio ou Territorio histórico, Zona arqueolóxica, Lugar de interese etnográfico, Zona paleontolóxica e os seus subsolos.

Bens catalogados; aqueles que, sen chegar a ser declarados de interese cultural, pola súa singularidade chegan a definir un territorio.

Bens inventariados; aqueles que merecen ser conservados.

A relación de bens catalogados no monte veciñal de Santa Cristina recóllese na seguinte táboa, así como na cartografía do proxecto.

 

CLAVE

TIPO

Denominación

Rodais afectados

 

GA36058034

 

Mámoa

Mámoa do Rei/ da Chan de

Castiñeiras VIII

0201, 0202

GA36058033

Mámoa

Mámoa da Chan de Castiñeiras VII

0201, 0202

GA36058010

Petróglifo

Petróglifo de Cotorredondo

1501,1502,1503, 1504

 

 

 

GA36058011

 

Asentamento

Calcolítico

 

 

 

A Cavada dos Burros

0301, 0302, 0303, 0401,

0402, 0403, 0404, 0405,

0602, 0603

 

GA36058012

 

Mámoa

 

Mámoa de Chan de Agrelo

0303, 0402, 0404, 0405,

0603,0604

GA36058A04

Achado

Achado de Monte dos Areeiros-Pista

2001

 

GA36026006

 

Mámoa

 

Mámoa de Outeiro de Ombra 1

1508, 1507, 1601, 1801,

1904

GA36026038

Mámoa

Mámoa de Outeiro de Ombra 2

1508, 1601, 1801, 1904

GA36026039

Mámoa

Mámoa de Outeiro de Ombra 3

1508, 1601, 1801, 1904

  Bens catalogados localizados en superficie comunal

Ademais dos bens xa recollidos, existen outros nas proximidades do monte veciñal, cuxa zona de protección (establecendo como tal un radio de 200 m ao redor do xacemento ata aprobación final do PXOM) afecta á superficie do monte (Ver cartografía que se acompaña).

Recóllense estes na seguinte táboa:

CLAVE

TIPO

Denominación

Rodais afectados

 

GA36058014

 

Mámoa

Mámoa de Chan de Castiñeiras

II/Mámoa do Rei

0201

GA36058007

Mámoa

Mámoa de Chan de Castiñeiras I

0201, 0202

 

GA36026040

 

Mámoa

 

Mámoa de Outeiro de Ombra 4

1508, 1601, 1801,

1904

 

GA36026041

 

Mámoa

 

Mámoa de Outeiro de Ombra 5

1801, 1802, 1901,

1902, 1903, 1904

GA36026042

Mámoa

Chan de Armada

1802

GA36058009

Mámoa

Mámoa do Outeiro dos Asubións

0102

GA36058037

Petróglifo

Petróglifo da Chan da Rúa

0501

GA36058024

Petrogróglifo

Petróglifos da Chan dos Areeiros

2001

GA36058036

Petróglifo

Petróglifo de A Revolta

2001

GA36058021

Petróglifo

Petróglifo de Outeiro do Millo

2302, 2304

 

GA36058020

 

O Cuarto/Praia da Santa/A Santa/Tras do Adro

2302, 2304

 Bens catalogados cuxa superficie de protección afecta á superficie ordenada

REDE  VIARIA  FORESTAL  E  OUTRAS  INFRAESTRUTURAS  DE  PREVENCIÓN  E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS

Descrición da rede viaria

As pistas do monte veciñal de Santa Cristina de Cobres responden á seguinte clasificación:
  •  Principais:  Aquelas  de  maior  entidade  e  que  serven  como  eixes importantes de comunicación dentro do monte. Deben permitir o paso de todo tipo de vehículos, mesmo camións articulados.
  • Secundarias: Aquelas de trazado permanente e mantemento periódico aptas para vehículos xeralmente todoterreo.
  • Vías de saca: De carácter temporal.

Cabe destacar que, dado que no monte veciñal de Santa Cristina existe unha considerable superficie ocupada por enclavados, considérase necesario o cómputo dos tramos das pistas que discorren polos mesmos, como único xeito de garantir a correcta xestión do monte veciñal. O mantemento das infraestruturas deberá facerse en toda a súa lonxitude para asegurar o bo acceso a todo o monte.

 Recóllese a continuación a relación de pistas forestais existentes e a lonxitude das mesmas, segundo a clasificación descrita:

PISTAS PRINCIPAIS

Vía

Lonxitude (m)

Vía

Lonxitude (m)

P.1

880,16

P.6

1.964,44

P.2

13.559,65

P.7

1.291,67

P.3

658,61

P.8

1.129,01

P.4

4.985,95

P.9

648,63

P.5

10.046,79

 

 

PISTAS SECUNDARIAS

Via

Lonxitude (m)

Vía

Lonxitude (m)

S.2.1

994,76

S.4.4

1485,81

S.2.2

1199,49

S.4.5

42,18

S.2.3

866,11

S.5.1

590,82

S.2.4

742,92

S.5.2

951,9

S.2.5

1247,12

S.5.3

6285,49

S.2.6

1362,88

S.6.1

1138,26

S.2.7

830,07

S.6.2

571,2

S.2.8

99,74

S.6.3

381,9

S.2.9

319,21

S.7.1

404,24

S.3.1

300,62

S.7.2

177,89

S.3.2

791,36

S.7.3

315,36

S.3.3

257,18

S.8.1

625,16

S.3.4

322,13

S.9.1

220,31

S.3.5

215,31

S.9.2.

140,83

S.4.1

848,52

S.9.3

74,3

S.4.2

304,5

S.10.1

234,31

S.4.3

325,09

 

 

PISTAS TERCIARIAS

Vía

Lonxitude (m)

Vía

Lonxitude (m)

T.1.1

397,13

T.3.4

217,83

T.2.1

713,42

T.8.2

74,44

T.2.2

372,27

T.4.1

1051,26

T.2.3

61,59

T.5.1

389,09

T.2.4

261,42

T.5.2

235,42

T.2.5

114,46

T.5.3

889,86

T.2.6

57,07

T.5.4

899,26

T.2.7

712,68

T.6.1

698,15

T.2.8

372,25

T.6.2

197,79

T.2.9

395,48

T.6.3

228,96

T.2.10

1268,08

T.6.4

281,83

T.2.11

243,1

T.6.5

231,81

T.2.12

328,13

T.6.6

73,48

T.2.13

216,65

T.6.7

66,89

T.2.14

236,22

T.6.8

434,91

T.2.15

208,86

T.7.1

107,1

T.2.16

418,14

T.7.2

262,11

T.2.17

154,08

T.7.3

235,25

T.2.18

15,04

T.8.1

34,68

T.2.19

67,05

T.9.1

70,19

T.2.20

146,38

T.9.2

48,85

T.3.1

226,12

T.9.3

35,01

T.3.2

310,39

T.9.4

800,24

T.3.3

102,91

 

 

 

 

PARCELA

 

SUPERFICIE (ha)

 

PISTAS PRINCIPAIS

 

PISTAS SECUNDARIAS

 

PISTAS TERCIARIAS

 

TOTAL (ml)

 

DENSIDADE (ml/ha)

Monte de Santa Cristina de Cobres

 

 

299,51

 

 

35.477,55

 

 

24.666,97

 

 

14.963,33

 

 

75.107,85

 

 

250,76

 Tal e como xa se comentou, os datos recollidos na táboa anterior inclúen infraestruturas que discorren en parte por superficie ocupada por enclavados, dando lugar a unha densidade por ha superior á existente na realidade. Si consideramos tan só os tramos das pistas incluídas no monte veciñal obtemos os seguintes datos:

 

PARCELA

 

SUPERFICIE (ha)

 

PISTAS PRINCIPAIS

 

PISTAS SECUNDARIAS

 

PISTAS TERCIARIAS

 

TOTAL (ml)

 

DENSIDADE (ml/ha)

Monte de Santa Cristina de Cobres

 

 

299,51

 

 

24.229,76

 

 

19.061,03

 

 

12.289,91

 

 

55.580,7

 

 

185,56

Considérase que na actualidade as pistas existentes son suficientes para garantir o correcto acceso e manexo do monte. En todo caso, si actuacións futuras requiren a apertura de novas infraestruturas deberán tramitarse as autorizacións oportunas.

Asemade, considérase importante o mantemento e limpeza das infraestruturas existentes periodicamente. A localización dos diferentes tipos de vía figuran no plano de infraestruturas.

Descrición da rede de prevención de incendios

Áreas devasas

No monte veciñal de Santa de Cristina de Cobres existen tres devasas, localizadas na parcela de Castiñeiras.

No cadro seguinte amosase un resumo das devasas existente e o seu estado actual.

DEVASA

LONXITUDE (m)

ANCHO (m)

ACCESIBILIDADE

ESTADO

ORIENTACIÓN

DV-1

215

15

Boa

Bo

NE-SO

DV-2

220

8

Boa

Regular

NE-SO

DV-3

900

10-15

Boa

Bo

N-S

As devasas DV-1 e DV-2 localízanse ao norte da parcela de “Castiñeiras”, en dirección NE-SO, tal e como se representa no plano de infraestruturas.

A  devasa DV-3 traza unha liña de norte a sur cunha lonxitude de 900 m e un largo de 10-15 m.

No presente proxecto non se recomenda a apertura de novos cortalumes convencionais, dado que se considera de maior interese a apertura de faixas auxiliares apoi adas nas pistas, que dificulten o avance do lume, así como o fomento do establecemento de especies de frondosas autóctonas, que cumpran unha dobre función: aumento da biodiversidade e creación de descontinuidades nas masas monoespecíficas.

Asemade, tal e como se recolle no artigo 21 da Lei de 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, de montes de Galicia, é de obrigado cumprimento a xestión da biomasa vexetal nos estratos arbustivo e subarbustivo, nos 2 m desde a aresta exterior d as pistas ou camiños forestais. As operacións a realizar son a roza total da vexetación arbustiva, redución da densidade do arborado e poda alta de tódolos pés. 

Depósitos contra incendios

No anexo 4 do Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais do Distrito XIX, recóllese a seguinte relación de depósitos na parroquia de Santa Cristina:

ID

Parroquia

Lugar

X_UTM29

Y_UTM29

36058-011

Santa Cristina

Barciela

529010

4686598

36058-008

Santa Cristina

Magarella

528894

4686404

36058-009

Santa Cristina

Magarella

529497

4686743

36058-010

Santa Cristina

Magarella

528947

4686505

36058-012

Santa Cristina

Vilar

527679

4687979

 

Tendo en conta as infraestruturas que ten o monte para facer fronte aos incendios forestais, non se considera necesario a creación de novas infraestruturas, aínda que si o correcto mantemento das xa existentes, así como da xestión da biomasa nas marxes das pistas.

ESTADO FORESTAL. INVENTARIO DOS RECURSOS E SERVICIOS FORESTAIS

División Inventarial

A división inventarial ten por obxecto facilitar a descrición detallada das diversas condicións das existencias e producións, así como organizar no espazo e no tempo todas as actuacións que se realicen no monte. Con tal fin deben definirse por unha parte as distintas tipoloxías de masas forestais, ou estratos, e por outra unidades topográficas, cuarteis e cantóns.

Coa división do monte en cuarteis búscanse unidades inventarias o máis homoxéneas posibles, tendo presente que se trata de grandes extensións de terreo. Cada unha de ditas unidades responde ao cumprimento duns mesmos obxectivos de ordenación, á aplicación dun tratamento e método de ordenación determinado, a condicións de saca comúns e á asignación dunha posibilidade.

O cuartel divídese á súa vez en unidade de inventario denominadas cantóns, que teñen carácter de unidades últimas de inventario, permanentes, ás que se refiren as características e datos dos estratos de inventario.

A superposición de estratos e cantóns permite obter, a partir das características dasonométricas de masas máis homoxéneas, as existencias de calquera unidade territorial que interese, que loxicamente terá os erros propios do estrato que nela se atopen. Estas unidades resultantes do cruce de cantóns e estratos, denomínanse rodais.

Estratos

A conformación de masas homoxéneas dentro do monte realizouse considerando como parámetros as especies arbóreas principais (terreos arborados e rasos), así como a idade das masas e procedencia das masas. Como resultado distinguíronse os seguintes ESTRATOS no monte veciñal de Santa Cristina:

Id

ESTRATO

SUPERFICIE (ha)

PARCELAS INVENTARIO **

01

Pinus pinaster 1 ano plantación

1,53

Non inventariable

02

Pinus pinaster 10 anos plantación

14,76

9,19

03

Pinus pinaster 20 anos plantación

3,08

3, 7

04

Pinus pinaster 1-5 anos

7,65

Non inventariable

05

Pinus pinaster 15 anos

41,17

1, 2, 4, 5, 6, 8, 20, 21

06

Pinus pinaster 20 anos

21,17

13,14,22,23,24,25

07

Pinus pinaster 25 anos

10,25

11,15,16,17

08

Pinus pinaster 30 anos

0,96

26

09

Pinus radiata 30-35 anos

3,06

10,12

10

Eucalyptus globulus monte bravo

3,78

Non inventariable

11

Eucalyptus globulus baixo latizal

21,07

44,46,50,54,61,62

12

Eucalyptus globulus latizal-fustal

39,28

14,15,18,22,25,26,53,60,67,73,77

13

Eucalyptus globulus fustal

21,98

49,64,81,87

14

E. obliqua-E.globulus latizal-fustal

2,08

20,36

15

E.globulus-P. pinaster  latizal-fustal

9,68

24,27,47

16

Eucalyptus nitens 1 ano plantación

0,30

Non inventariable

17

P. pinaster-Cxhybrida 1 ano plantación

6,00

Non inventariable

18

Q. rubra-Cxhybrida 5 anos plantación

22,73

Non inventariable

19

Q. rubra 10 anos plantación

1,50

Non inventariable

20

Cxhybrida-Q. robur 5 anos plantación

8,47

Non inventariable

21

Q. robur- Castanea sp 1-5 anos

1,91

Non inventariable

22

Q. robur 15-30 anos

6,02

Non inventariable

23

Castanea sp 15-30 anos

4,35

Non inventariable

24

Acacia sp

1,88

Non inventariable

25

Raso

6,43

Non inventariable

TOTAL

261,09*

 

 O nome do estrato recolle a especie principal existente no mesmo, sen que se descarte a presenza de outras.  Dita denominación responde á necesidade de homoxeneizar superficies nun monte moi extenso e cunhas masas forestais moi variadas. Por outra banda, especifícanse os estratos onde as masas proceden de plantacións recentes ou nos que os marcos de plantación se atopan ben definidos. O resto dos estratos, aínda que no seu día procederan de plantación, están actualmente máis naturalizadas, xeralmente con distintas clases de idade e un bo número de pés procedentes de rexeneración natural.

Para definir os estratos de eucalipto, dado a complexidade existente á hora de determinar a idade da especie, empregouse a fase de desenvolvemento das masas.

 Cuarteis

Para facilitar o estudio e descrición do monte lévase a cabo a divisió n do mesmo en superficies de características xerais semellantes, denominadas cuarteis, que serán xestionados de maneira independente entre si. Os criterios que se consideran para establecer a homoxeneidade son a altitude, especie, condicións de saca e aproveitamentos ou usos semellantes.

No monte veciñal de Santa Cristina de Cobres definíronse tres cuarteis:

- Cuartel A, cuxo obxectivo principal é a produción de madeira de piñeiro, sen detrimento doutros, como a conservación ou o uso social.

- Cuartel B, cuxo obxectivo principal é a produción de madeira de eucalipto.

- Cuartel C, cuxo obxectivo principal é a protección e uso social, sen detrimento doutros.

CUARTEL

OBXECTIVO PRINCIPAL

SUPERFICIE (ha)

A

PRODUCIÓN PIÑEIRO

141,42

B

PRODUCIÓN EUCALIPTO

95,63

C

PROTECCIÓN-SOCIAL

41,78

TOTAL

278,83

 Cantóns

Para a clasificación de cantóns seguiuse o criterio fundamental de presentar lindes claros, definidos por liñas naturais ou artificiais fixas no terreo, de xeito que se facilite a súa identificación e respondan á condición de acceso uniforme. Así mesmo, procurarase obter homoxeneidade no tocante á calidade de estación.

No monte veciñal de Santa Cristina definíronse un total de 24 cantóns, perfectamente delimitados mediante a orografía ou infraestruturas existentes:

CANTÓN

PARCELA

SUPERFICIE (ha)

01

MONTE DE CASTIÑEIRAS

12,34

02

MONTE DE CASTIÑEIRAS

22,04

03

MONTE DE CASTIÑEIRAS

12,71

04

MONTE DE CASTIÑEIRAS

23,87

05

MONTE DE CASTIÑEIRAS

13,33

06

MONTE DE CASTIÑEIRAS

14,82

07

MONTE DE CASTIÑEIRAS

11,04

08

MONTE DE CASTIÑEIRAS

10,78

09

MONTE DE CASTIÑEIRAS

6,34

10

MONTE DE CASTIÑEIRAS

14,08

11

MONTE DE CASTIÑEIRAS

4,46

12

MONTE DE CASTIÑEIRAS

14,48

13

MONTE DE CASTIÑEIRAS

11,57

14

MONTE DE CASTIÑEIRAS

18,96

15

MONTE DE CASTIÑEIRAS

16,35

16

MONTE DE CASTIÑEIRAS

9,30

17

MONTE DE CASTIÑEIRAS

9,95

18

MONTE DE CASTIÑEIRAS

7,62

19

MONTE DE CASTIÑEIRAS

5,93

20

MONTE DOS AREEIROS

1,81

21

CABREIRA

9,00

22

MONTE CABALO

17,34

23

MONTE CABALO

9,92

CE

VARIAS

0,79

TOTAL

278,83

 A superficie dos cantóns varía entre as 23,99 ha do cantón máis extenso e as 0,79 ha do de menor superficie. Este último denominouse como cantón especial, ao tratarse dun cantón fragmentado, constituído polas 10 pequenas parcelas que posúe o monte veciñal (todas elas con superficies que oscilan entre as 0.01 e 0.24 ha). Desta maneira tratouse de destacar a singularidade do cantón, formado por parcelas dispersas de moi reducido tamaño, que condicionarán a xestión e polo tanto o obxectivo principal do mesmo.

A superficie media dos cantóns, sen contar o cantón especial por considerarse pouco representativo, é de 12,09 ha.

CERTIFICACIÓN FSC

O monte veciñal de Santa Cristina de Cobres está certificado polo GRUPO DE CERTIFICACIÓN FORESTAL ALVARIZA que se atopa certificado baixo os requisitos  dos estándares  españois de Xestión Forestal para a certificación FSC-STD-ESP-2006-01-ESP (V 1.2) co código de certificación SCS-FM/COC-005374.

CERTIFICACIÓN PEFC

O monte veciñal de Santa Cristina de Cobres está certificado polo GRUPO DE CERTIFICACIÓN FORESTAL ALVARIZA que se atopa certificado baixo os requisitos dos estándares españois de Xestión Forestal para a certificación UNE 162002-1:2007 e co sistema  español de Certificación da Xestión Forestal Sustentable de PEFC co Código de Certificación: PEFC/14-22-00016-AEN.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top