Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Venres 10 Xullo 2020

A Comunidade de Montes cosntrue tres taxeas na pista das Barreiras

A Casa dos Montes contará dende esta semana con calefacción no seu local social

Na pista do Monte das Barreiras pertencente ao monte comunal de Santa Cristina de Cobres veuse realizando nestes días traballos de construcción de taxeas e de limpeza das cunetas do vial.

Os traballos de construcción das taxeas, neste caso tres, levouse a cabo ante a urxencia polo acelerado deterioro que estaba sufrindo o vial a causa das constantes choivas das últimas semanas. Ademáis procedeuse ao limpado das cunetas  para que as pluviais non discurran polo medio das pistas.

Hai que recordar que neste vial, ademáis do que vai de Vilar a Castiñeiras, fíxose unha actuación importante este verán de mellora do firme así como o desbroce de ambos marxes, que ademáis dan servizo a ducias de propiedades particulares.

Por outra banda a Xunta Rectora desta Comunidade de Montes informa aos comuneiros e veciños en xeral, que o local social da Casa dos Montes contará a partir desta semana con calefacción mediante unha estufa de pellets. A adquisición deste equipamento fará que os usuarios deste local disfruten dun uso máis confortable.

Para rematar, a Comunidade de Montes informa que en colaboración coa Asociación de Veciños de Santa Cristina de Cobres, organizan unha festa de fin de ano no local social da Casa dos Montes. A entrada con barra libre incluida ten un prezo de 10 euros por persoa. Todos os interesados en participar deberán anotarse chamando ao teléfono 686663508.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top