QUE FACEMOS?

Traballamos por un monte sustentable e multifuncional

ordenación

O monte veciñal conta dende 2014 cun plan de xestión onde se marcan as directrices da súa xestión. O obxectivo e eliminar as grandes extensións de eucalipto existente ata entonces e introducir masas de frondodas para darlle ao monte un carácter social.

sustentabilidade

A xestión do monte veciñal de Santa Cristina de Cobres está certificada polos organismos máis importantentes a nivel mundial (FSC e PEFC) o que garante que na súa  xestión a multitude de funcións están garantidas para as vinddeiras xeracións.

multi funcionalidade

O noso proxecto de xestión forestal baséase na multifuncionalidade protexendo a biodiversidade, os ecosistemas e combatindo o cambio climático. Adicamos unha grande superficie do monte á protección social

 

parque forestal cotorredondo

Situado no cumio da serra do Morrazo,  ten unha superficie de 53 Has adicadas principalmente a producción de piñeiro e conta con abundantes bosques de frondosas. Excelentes vistas panorámicas.

parque forestal As Barreiras

Contiguo ao Parque Forestal de Cotorredondo, consta de 47 Has adicadas principalmente a bosques de frondodas caducifolias,  castiñeiros, carballos, sobreiras e carballos americanos.

arboretum de coníferas da Craveira

Situado no monte da Craveira no barrio dos Areeiros, ten unha superficie de 3 Has. e conta cunhas 30 especies diferentes de coníferas. Conta cun excelente miradoroiro sobre a enseada de Larache na ría de Vigo.

Monte do Cabalo

Situado ao pé da Ría de Vigo, este monte veciñal está adicado á produción de piñeiro e castaña principalmente. Conta con equipamentos municipais como instalacións deportivas e un punto de compostaxe.

0 %
dos ingresos totais son reinvestidos na ordenación do monte
medium_casadosmontes
0 K
euros de fondos propios investidos en silvicultura
medium_sinalética
0
novas árbores frondosas plantadas nos últimos anos
medium_desbroces
0
hectáreas de monte veciñal ordenadas dende o ano 2013
medium_toradas
0 K
euros xestionados procedentes de subvencións públicas

ACTUALIDADE

Proxecto de rehabilitación da antiga reitoral

En xuño de 2015, tras 15 meses de nogociación a Comunidade de Montes adquiriu para o patrimonio da parroquia a antiga reitoral. Trátase dun edificio do século XVII que constitúe a principal herdanza da arquitectura civil da parroquia. É o grande proxecto que ocupará a esta Comunidade nos vindeiros anos.

Dende entón iniciouse toda a tramitación administrativa necesaria para levar a cabo a súa rehabilitación. É un proceso longo debido ás numerosas autorizacións necesarias, pero está a piques de rematar. A rehabilitación farase en base a un concurso de ideas no que o proxecto gañador foi “Porta ao Parque” do estudio de arquitectura Arquetipos.com.

César Blanco

Presidente

(Visited 3.219 times, 1 visits today)